Cambios, remodelación, crise, reforzamento do goberno. Palabras que hoxe circulan nas ondas do noso país. Novas caras das que esperamos todos un pequeno milagre que arranxe a falla de confianza dos que poden inverter.

En río revolto, ganancia de pescadores- di o vello refrán. Xá a oposición pide un cambio definitivo, aquel que os coloque o fronte do barco e que unha vez chegados, todo siga igual porque -os saíntes deixaron a nave escorada con difícil solución- dirán.

Fomos os galegos os que quixemos o cambio, os que puxemos a confianza nas mans dos representantes da dereita, eses que arranxan todo, todo e todo. É a partir do día catorce cando comezaremos a escoitar as críticas a todo canto fixeron os anteriores. A desmontar o vello pra que non quede pegada do paso dos que non saben gobernar,mentres que nos, seguiremos esperando que se afasten as nubes pra poder respirar.

Sorte a tódolos que comezan unha andaina política, porque deles depende en parte ese benestar conseguido co  esforzo de todos.