Verdadeiros malabaristas hai no noso país capaces de cambiar, alterar ou modificar o significado das palabras. Ben a conto, porque lendo un articulo sobre a nova lei do aborto - que só está en proxecto- escribía este señor entre outras moitas cousas á raíz da liberdade que a lei pretende dar ás mozas de dezaseis anos: quitándolles ós pais a patria potestade, e deixando ás súas fillas nas mans dos abortistas:

 Clara está a ideoloxía deste elemento, pero se esta información cae na man dun lector pouco informado sobre política, atopará esta nova como un delito contra a vida mesma, contarao no seu recuncho familiar alongándoo un chisco mais, e así estará disposto a saír a rúa cargado de bandeiras.

 Se por contra, a mesma noticia se contara así:  Esta lei, pretende darlle as mozas de mais de quince anos que poidan quedar embarazadas, a posibilidade de  non abortar aínda que os pais decidan o contrario: parecería que esta lei o que pretende é, defender a vida dun futuro ser humano que non se vale por si.

 E no fondo, ben sendo a mesma cousa cambiando só o enfoque. Así nos intentan manexar de un e outro lado do espectro político. Así saímos as rúas berrando consignas que soan ben, e que poucos entenden grazas a estes malabaristas da información que pretenden facer dous bandos.

Os que non están en contra, están a favor- din- e non é así, ninguén está a favor do aborto, senón, en contra de todo o que restrinxa os dereitos a decidir sobre a vida das persoas. Porque só temos unha.