que fermosa a se a vida, cando tanto teiman estes arbustos por non a abandonar. No cumio dun enorme penedo, tendo como base ó po acumulado do tempo, sobreviven á seca e mais o frío, as neves e o ventos, florecendo cada primavera en sinal de triunfo.

Quero destes aprender. Cando o peite do tempo peitee cabelos brancos, cando os días se fagan longos esperando a quen non ben, cando os pensamentos pertenzan só o pasado, quero ter a túa teima árbore amiga e seguir esperando agarrado á vida como Lapa na rocha.

¡que fácil é desfalecer! Deixarse levar do pesado pensamento que loita por arrincar unha bagoa de impotencia, ¡e que difícil as veces atopar esa base a que se agarrar!