Cando a ferruxe dos anos corroe as bisagras óseas, e os xeonllos chiarían ó lento paso da vellez. Cando o peso dos lustros retorce as fatigadas columnas, ponse en marcha o reloxo maldito da contra atrás. Cada ano cumprido a partir dese momento, é un paso cara a baixo nun camiño sen retorno.
A perda dese pequeno movemento que onte podías e hoxe non, é a perda dun eslavón nesa cadea que a vida nos presta o momento de comezar a andaina.
Todo e lento e silencioso, como sombra muda que sempre nos acompaña, silenciosa pero constante, como pingueira malaia que remata minando a lucidez do condenado.
Así, gota a gota, día a día, ímonos achegando a vellez sen apenas darnos conta, a esa lánguida deixadez que ós demais dá pavor, e paz ó que a sofre, porque non hai trauma no paso do tempo, senón, cansazo do vivido e desexo de abandono nas mans do doce descanso.
Todo vai perdendo valor, a fermosura que tanto apreciamos nos momentos álxidos da vida, o poder, a riqueza ou a esvelteza dun corpo atlético, remata sendo un doloroso recordo que mais pertence o mundo dos sonos que a dura realidade.
Só os recordos nos acompañan ata o derradeiro día pra dar fe do que fomos, do que vivimos, do que fixemos e amamos. Eses recordos que nos fan semi heroes cando os presentamos ante os que -son- esquecendo durante un minuto que -fomos.

Como na foto que ilustras, externamente estamos decaídos e visiblemente febles e abandonados, pero o certo é que nos mantemos en pé, os nosos ósos, a nosa estructura mantense firme. De cara ós de fóra non somos bonitos e mais neste mundo físico e externo de hoxe,pero á historia que ten ese palleiro seguro que ten moito que contar.... ja ja mais nós podemos vivi-la vida acorde ós nosos anos ou tentar enganar á vida coas nosas "patochadas" o único bó dos anos e poder cumprilos, contalos e vivilos acumulando experiencia, sabiduría e consello por eso querer retroceder cara á tras na procura do pasado sempre é un engano e un atraso que non nos fai avanzar, pero este mundo de escaparate nos vende: píldora da xuventude,viagra...
Estou de acordo en que os recordos nos acompañan ata o derradeiro día,pero mais que recordos o ter algo que contar, nada mais e nada menos que a experiencia do vivido que moitas veces non está nos libros, nin cho poden contar, senón que é contado dende a primeira persona e eso ten mais valor.
BIQUIÑOS
gracias polo do dia 15...:) moi bonito:)
e... perdoa que che leve a contra desta vez pero...pareceme unha esaxerasion pasar quince ou vinte anos contando cara atras; vaste e vasnos aburrir
un biko
Gracias .MARÍA RODRÍGUEZ. por ese fermoso comentario que tamén fago meu. Oxalá que ese caudal de coñecemento adquirido o longo dos anos, sirva de apoio os que hoxe comezan a andaina nesta fermosa aventura que é, a vida.
Bicos dende Queixa.
Así o sentin. NENO. cando me ofreciches o ombreiro como apoio o meu chasis. Sei que o teño, pero a todos nos gusta sentirnos orgullosos dos que queremos porque no fondo, tamén nos sentimos orgullosos de nos.
Gracias tamen por eses quince anos mínimo que me aseguras, espero non chegar a aburrirme, porque se ben este lugar pode ter -seus mais e seus menos- ninguén sabe como será o outro, e menos a aburrirvos.
Moreas de bicos.
A ver si recupero la sana costumbre de comentarte... La vida pasa, y pasa para todos... Lo de afuera, pues afuera esta, y aunque haya arrugas eres la misma persona que era ese niño que fuiste... Que lío verdad? Y es que la vida es un lío en si. Sigue caminando, con la gente que tienes al lado, y no dejes atrás nunca los buenos recuerdos, eso sí, solo úsalos para sentirte feliz, y no para tener nostalgia.
Ánimo, un abrazo
GraciasPAULA por ese comentario tan animoso, estos escritos forman parte de dias grises , por suerte, la primavera se va apoderando y con ella los ánimos.
Un abrazo
Espero , que te haya llegado mi mail. Un beso, y animate
hoxe lin no semanal un articulo de Perez Reverte, que creo que e o que mais me gustou dos que leva lido, nun dos seis parrafos decia algo asi:
miramos hacia adiante pero solo vemos o pasado.
non será mellor ver o que está ante os nosos ollos, e decir o presente.
O presente ALGUEN,non existe como tal. Cada vez que dicimos algo, xa pertence o pasado, a vella filosofía do rio, por eso temos tan presente ó pasado, porque sen él non habería presente. Así é de complicada a vida, presente e pasado formando a nosa história. Gústame esa forma de dicilo que ten os que saben.
Mañá e feira en Queixa, invitámoste o pulpo, bicos.
MARÍA, no recibo ningún meil desde los tiempos de la república¿seguro que fué a mi? Gracias por esos ánimos que me das, un beso.
vale, sí, todo fluye, e somos o que somos como consecuencia do xa vivido, e efectivamente ahora xa non é ahora, refirome o presente sin perder a perspectiva do pasado e dende logo mirando hacia adiante, pero vivindo no presente que se escapa, disfrutando momentos e situacions que non se deberian perder por ter o pensamento no que xa pasou ou no que pasara.
Sabes ALGUEN que estamos dacordo nese pensamento de vivir con intensidade cada momento que é fermoso, sen pensar como se chame ou lle chamen, e o pasado, pasado está, ¡pero necesitamos tanto ese pasado! sobre todo cando o presente se fai monótono. Necesitamos eses recordos do vivido, aumentándoos aveces como se nalgún momento fósemos eses -semi heroes - dos que falo, e así, revivindo outros momentos na memoria, volvemos a vivir.
Recordas a aquel preso que sen saír da cela viaxaba por os campos da sua xuventude, facendo do encerro poesía? ese é o tesouro que almacenamos na memoria e que ninguén non pode quitar.
Bicos dende queixa.
Dios puso un encanto escondido en empresas difíciles, sólo el coraje para tratar de involucrar a la gente consciente de las dificultades que el encanto