Este fermoso camiño que leva sendo peonil dende fai sesenta anos, vai ser asfaltado axiña, a petición dun veciño ó que o alcalde de Chandrexa de Queixa debe favores ou axudas electorais, supoño.
E un camiño que une un poboado de Saltos del Sil ca airexa da parroquia, e que a empresa mercou po benestar dos empregados.
Non leva a ningures, nin ten ningún interese que non sexa a agochada especulación que non comprendo.
Cando falo de política, ningún ou poucos comentarios ten este blog. Este é o interese político que a todos nos incumbe, a xestión dos diñeiros de tódolos galegos, que ó mesmo ca neste caso, nos alporiza e subleva contra tanta incompetencia e falla de sensibilidade.

No es un solo un problema de polititica, sino de ecologia, y humanidad; por supuesto te apoyo. No hay derecho a destrozar nuestra naturaleza somos unos salvajes depredadores.
Gracias NUITS por este comentario y ese apoyo. No solo depredadores, que en muchos casos, justificados, sino que además, gasto innecesario de los dineros públicos para reforzar amistades. Parece que en algún lugar de este país, aún tiene cabida el clientelismo político.
Un abrazo
A verdade que destrozar un paisaxe coma ese asfaltandoo pouco fai polo medio ambiente e a zona de arredores que parece ben fermosa. O tema da especulación, xa sería rizar un pouco o rizo e mais nestes tempos de crise para algúns, claro que pequenos se fixeron grandes comprando fincas e... míraos... montados no dólar!!! Non se sabe por que motivos se fixaron pero supoño que ese pobo e esa igrexa teñen outro camiño ó que acceder, quen sabe! destrozar o medio é o noso mellor recurso e non saber valorar o que temos outro tanto, se estivera en Andalcía ou Cataluña por poñer un exemplo estaríamos a falar doutra situación, pero mentres a nosa mente non cambie pouco vamos a facer, de momento PROTESTAR E DAR A NOSA QUEIXA, valga a redundancia.
BIQUIÑOS
Así é TRIBUMAXICA, a igrexa ten unha estrada dende que a fixeron, sen necesidade dun novo camiño que ninguén vai utilizar. Hai cousas que non se estendes non sendo ca idea de especulación. Este camiño foi aberto fai sesenta anos e nunca se pensou en asfaltalo por unha razón- porque non ten ningún interese de tránsito.
Gracias por ó comentario. Bicos.
Das pequenas loitas sempre saen grades cousas, xa verás.
Non é política máis ben sentido común.
Bicos
sentido comun si señor, iso e o que lle falta os mandatarios municipais. e logo non sería mellor utilizar ise asfalto na carretera que vai dende Montederramo, que ten tramos que dan pena?? iso tería mais loxica, non?seria mais de ben comun, do mesmo xeito que seria mais de ben comun limitarse a limpar o camiño, non permitir que se coloquen alambradas que impidan o paso para que todos (e non solo un que anda a cobrarse favores) podamos disfrutar dun bonito paseo entre a natureza.
APOIO A MOCION: NON O ASFALTADO DO CAMIÑO, E AHI VAN OUTRAS REIVINDICACIONS: REMATE DA RESIDENCIA XA (e sin non a acaban que derriben ise armatroste simbolo do feismo e da mala xestion do alcalde dende hai dez anos). NON OS MUIÑOS NA SERRA DE QUEIXA (xa temos bastantes parques eolicos e centrais electricas niste concello, xa contribuimos demais o plan enerxetico e que se sepa o unico que se beneficia e omandatario municipal). Teño algunha reivindicacion mais pero deixareina pa outro dia.
Bicos e felicitacions a todos os traballadores (os de verdad, ises que fan que o mundo se mova para ben), e sen olvidar claro os que no seu día foron bos traballadores que ahora disfrutan do seu merecido descanso, e ainda así non deixan de facer cousas. FELIZ PRIMEIRO DE MAIO.
Gracias ALGUEN por os bos desexos. Todos somos traballadores é todos nos gañamos o merecido descanso cando a artrose pode mais.
Este primeiro de maio, segue sendo o día dos que desexamos un mellor reparto da riqueza que axudamos a crear co noso exforzo, por ese motivo, fago extensibo ese teu desexo a tódolos que contibuen a facer un mundo mais xusto.
Moreas de bicos soleados.
Una gallega-castellana parlante te desea salud en este primero de Mayo, como decian los trabajdores en la plaza roja de moscu "" viva la vida "", es cierto.Consultalo
Gracias por ese deseo-gallega-castellana parlante. Que sea lo mejor posible para tod@s. No es el idioma el que mas separa a la gente, es la pretendida posición social la que nos lleva a posicionarnos a uno u otro lado, porque de intereses se trata, no de lenguas.
Un abrazo para tod@s l@s trabajador@s del mundo. y que nunca se pierda esta unión ante la justa reivindicación que tantos sacrificios costó a todos l@s que nacimos trabajador@s.