Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

8 Mayo 2009

ata o ceo se escurece

 O noso pastor diocesano, señor Camilo Lorenzo, remata de ter unha visión celestial, e iluminándoselle o luceiro divino, atopou a solución pra axudar ós mais pobres da dioceses a levar un anaco de pan a boca. Pediulles ós curas a apartación dun dez por cen do seu soldo pa abrir un novo comedor social en Astorga.

Esta noticia que lin hoxe na Región, axúdame a seguir aferrado ó meu ateísmo e pensar que existe outra maneira de ética distinta á católica, que se pode axudar os necesitados utilizando a xustiza, en vez da caridade mal entendida.

É certo que as vocacións relixiosas están en crise, que cada ano se cerran novos seminarios por falta de alumnos, pero non é de estrañar que isto ocorra se falamos de xente pensante. Porque intentar reducir un salario mínimo, cando a empresa cotiza en bolsa é fala de perdas millonarias cando baixan os intereses nun punto porcentual, parece que esa xustiza divina da que falan, non é mais ca trela barata pa manter os mesmos privilexios de sempre a conta dos de sempre.

¡Tampouco sei de que me estraño! Sabendo que toda a vida levan pedindo ós pobres pa satisfacer a insaciable gula dos dirixentes. Que cando tiveron que escoller entre o poder ou a xustiza, non dubidaron en quedar co poder, aínda que fose en contra de todo o que predican. 

     

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera