Todos soñamos, é certo, pero non todos sabemos soñar. O ideal sería que -segundo di Calderón- soñásemos o que somos. Quedándonos nos soños realizables, que son ó cabo, os que podemos conseguir e aproveitar en noso beneficio, os que nos poden axudar a ser mais felices, porque non é mais feliz o que mais desexa ou soña, senón o que sabe sacar proveito ó conseguido.
Soñando o pobre na súa riqueza, terá un mal espertar, porque a pesar do soñado, os sonos, sonos son.
Moitos soñamos un día cun mundo mais xusto, cunha xeración, a nosa, capaz de cambiar canto nos parecía inxusto. Soñamos, con aquel novo sol que alumease a todos por igual. Ó cabo dos anos, solo nos queda o recordo do soñado, porque so era un sono.
Outros xoves seguiron soñando despois de nos. Outros soñan agora, e a pesar de querer compartir os seus soños, porque son fermosos, é o noso amargo espertar o que nos di: seguiremos vivindo con esa desigualdade, con esas inxustizas, con esas mortes machistas que nos deixan ese amargo sabor dos sonos non cumplidos.

e ben certo que sigue habendo inxustizas, non cho vou negar, ahora ben
recorda as que había cando eras novo e soñabas cun mundo mellor e se miras o teu redor verás que moitas cousas melloraron, así que non sexas tan pesimista porque o que tu soñaches e outros coma ti soñaron segue en marcha con outras persoas que tamen soñan o mesmo tempo que poñen o seu grao de area para que as cousas melloren.
Bicos dende eiqui.
É certo ALGUEN que grao a grao se fai o graneiro, e que algún día deixará de haber inxustizas, ou así o queremos crer.
O meu desencanto é por as noticias que cada pouco aparecen nos medios,esta vez, o asasinato dunha muller en Euskadi, onde un home puxo o seu grao de area e case deixou a vida.
Pareceme tan fora de tempo esta xenreira sen sentido, que escribín por non poder facer outra cousa. dende ese día xa van outras duas mortes por esa incomprensible e atrasada idéa, de sentirnos donos das persoas por ter mais forza.
Xa sei, a solución está en non escoitar as notícias, pero como dixo o Escorpión á rá, eu son así.
Bicos.
e qué outra cousa se pode facer que non sexa seguir soñando? muá!