Este vello refrán do sabio pobo galego, segue imperando neste século XXI. O que ten de padriño ó señor Baltar, ten asegurado un bautizo de primeira haxa ou non crise.

Lendo o boletín oficial da provincia de Ourense, atopamos cada día algún posto de traballo que en tempos de crise podemos denominar de (caralludo) con salarios por riba dos mil cincocentos euros, e -casualidade- sempre aproban os afillados políticos do presidente.

 Non quero ser malpensado, nin dubidar dos coñecementos de tódolos achegados ó -patriarca- ¡que ben nos leva dado mostras de- espavilado! Só resaltar unha reiterativa -casualidade- que me leva a ser un   escéptico no que a bautizos se refire.

Contábame fai tempo un amigo, que ten por padriño a un afillado deste señor- é contábamo como anécdota- que presentándose a unhas oposicións a peón caminero, é enfrontándose a douscentos aspirantes mais, algúns:dicía: con estudos superiores, sendo este amigo case analfabeto, conseguiu o posto porque había unha pregunta que só el coñecía.

É este amigo, o que se considera- un bo rapaz- ademais de traballador e que merecía este traballo. Pero todos estes atributos persoais, non mitigan en nada este sentimento de inxustiza que reina nesta fermosa cidade de Galiza, nin quita un ápice de razón ó vello refrán.