¿estado da nación?
Un ano máis, nos atopamos ante un dos eventos máis inverosímiles da chamada- democracia- o debate sobre o estado da nación. Estado que eu prognosticaría como -de coma profundo.
É digo inverosímil, porque do que eu entendo, nada ten que ver este debate co estado da nación española, senón, que o evento consiste como sempre, no debate das ideas que durante todo o ano nos bombardean dende un e outro bando do espectro político. Ou dito de outra forma, o mesmo de sempre amplificado por os medios de comunicación. É, en definitiva, a imposición dun evento que o igual co fútbol, nos impón á sociedade deixándonos sen a posibilidade de escoller, ós que non temos interese en entrar no xogo futboleiro ou político.Porque ámbolos dous partidos máis as xentes que os integran, están libres da tan cacarexada crise que ós máis febles está martirizando.
Ben eu quixera trabucarme neste pensamento tan- incrédulo- e poder dicir cando remate- pido perdón por desconfiar dos político- pero difícil será que esta farsa sirva pra por de acordo ós que, pretendidamente, nos gobernan e gasten parte das súas enerxías en buscar ese consenso que atope o modo de dar traballo ós que o necesitan pra vivir.
Moitos esperamos ese -milagre- que arranxe no posible esta crise que comezaron os ricos, e pagamos os pobres, ¡pero quen sabe! A esperanza é o que nos queda ós que non temos outra cousa onde agarrarnos.
