no día das letras galegas
Todos defendemos a nosa cultura, a nosa lingua, e ata a idiosincrasia galega como patrimonio a conservar. En cambio, ata nos mercados do peixe se fala castelán.
Non o entendo, cando vivimos lonxe desta terra, é a morriña a nosa compañeira. Escoitar o son dunha gaita paseando por calquera lugar do mundo, móvenos a tecla do galeguismo e énchesenos o peito de orgullo patrio, despois, cando chegamos ó pobo, é a lingua a que se resiste a pronunciar as palabras en galego, esas mesmas palabras que lonxe deste fermoso lugar parécennos gloria.
Orgulloso estará o insigne caudillo alá onde se atope, porque conseguiu meter nas nosas cabezas, esa idea de- paleto parlante. Esa falta de cultura ligada ó que el considerou - dialecto- e que inda hoxe non soubemos desbotar de nos.
Nesta rede que estou publicando, son moitos os galegos que escriben é fano ben, pero cóntanse cos dedos dunha man os que o fan en galego. A maioría das xentes que escriben en galego e defenden a nosa lingua con paixón, son os que se atopan lonxe da terra, os que falan dun lugar, dunhas xentes e dunhas costumes ligadas a esta fermosa fala.
Espero, que se un día tornan a Galicia, non lle dea vergoña falar a lingua dos seus antepasados, ante a xente que se esforza por falarlle ós fillos e netos o castelán sendo nados en Galicia.


unha amiga dijo
Non son os de fora os que defenden a nosa lingua... vale, senten moita morriña o escoita-la gaita pero cando fan a casa nova na cidade xa sacan peito e soltan o seu mellor español-.
Somos os de eiquí, poucos pero máis cabezudos ca eles...
Bicos
17 Mayo 2009 | 01:59 PM