¡Como as verdes cores se maquillan nesta primavera pra saír ó campo lucindo os mellores vestidos! Como ó lonxe se imaxina o rumor sereno do mar, ¡o noso mar! Ese   mar, que tantos ilustres galegos, cruzaron cara as Américas fuxindo da intransixencia e por defender a liberdade. Esa liberdade que hoxe disfrutamos sen  atrancos, esquecéndonos que foi onte, cando outros galegos amantes desta fala, loitaron na súa defensa poñendo en risco as súas vidas.

Ramón Piñeiro, homenaxeado nesta edición das letras galegas, Curros Enrriquez dende A Habana, Castelao dende Buenos Aires,Vicente Risco dende este Ourense- castelán falante hoxe- ou Murguía, fundador da Real Academia da lingua. Tantos é tantos esforzos duns intelectuais amantes da súa terra, da fala que a nai lles ensinou e defenderon.

E que dicir do homenaxeado, sempre  ligado á terra ourensá á que tanto quería, tanto, que houbo de   pasar tres anos da súa vida no cárcere por defender a galeguidade.Como tantos outros ós que esta terra ingrata lles da de lado cando nos esforzamos por falar castelán, esquecendo os sacrificios doutros ourensáns de corazón.

Sempre me pregunto sen  achar resposta: porqué será, que todos estes galegos que loitaron na defensa do galego, da cultura propia desta terra, foron todos de esquerdas e perseguidos da santa nai igrexa? É que non somos todos galegos, os nacidos nesta terra?

Dende estes campos floridos, con ese lonxano rumor do noso mar, quero recordar a cantos sufriron persecución e desterro por defender esta fermosa lingua, sen a cal nada tería o mesmo sentido.