Cando pensei ser libre, reloxos, radios espertadores, móbiles e sinais horarias se confabularon pa recordarme que era á hora, o día ou o mes marcado.

Intentei achar a liberdade nos que- a seu dicir- conseguiron ser libres, ¡non me gustou! Dende as filosofías de  Epicuro, ata os humildes ermitáns, só atopei limitacións, miserias e abandono, pero ¿onde a liberdade?

Agora que sei que non existe, pregúntome se despois desta vida se atopará a verdadeira liberdade, e sei que non, que alguén -de boa fe- nos rezará esa pregaria que non nos gusta, que alguén nos deixará as flores que nos producen alerxia, ou o que é peor, que ninguén nos deixará flores.

Por qué- me pregunto- se inventarán palabras cuxo significado non existe? O que existe, e debera ser aí onde debéramos de poñer o noso esforzo son, as limitacións impostas, esas que nos impiden utilizar a nosa vida como mellor nos prace, ¡porque o que é liberdade!