Ninguén quería ser seu amigo porque se emocionaba e choraba. Saíanlle bagoas  cando o bo da película ofrecía o perdón despois de recibir tanto dano de parte dos malos.

¡un home non chora! Lle ensinaran de pequeno, pero el non o podía evitar, e choraba por chorar.

Así foi ata aquel día fatal, cando o autobús perdeu o control e se precipitou ó río. Sen pensalo, botouse á auga vestido.

 Ata cinco veces se mergullou nas frías augas, tantas como persoas conseguiu salvar dunha morte segura. Cando saíu arrastrando á última, xa a xente acudira en masa o lugar, e xa nada se podía facer por os demais accidentados.

Quixo volver unha vez mais ó fundido autobús, pero as forzas non llo permitiron. Saíu, e mentres o felicitaban por a súa valentía, viu como outros homes, os mesmos que un día lle deran as costas por a fraqueza, choraban, e facíano con tal desesperación, que unha vez mais se sentiu mal, porque deses ollos que sen motivo se mollaban, non saíu nada, nin unha soia bagoa.                      

                                   FELIZ DIA A TODOS.