Sería quizás, a inqueda xuventude, ou ese innato afán do descoñecido, o que me empurrou a deixar o pobo que tanto quería, e buscar un lugar naquel mundo tan diferente.
Días longos nos esperaban baixo aquel sol estranxeiro, e tardes morriñentas cheas de recordos. Cada quen, desexaba falar do seu lugar, facíano con tanto fervor mentres revivían aqueles recordos, como triste se tornaba a faciana o rematar.
Todos tiñamos a nosa historia, unha historia, que houbemos de facer dous mil quilómetros, pra saber que a tiñamos, pra saber, que vale mais o malo coñecido que o bo por coñecer; foi alí, lonxe dos nosos, onde comezamos a sentir o valor das cousas pequenas. ¡quen mi dera! Dicía algún, unha cunca daquel caldo de verzas que facía a miña nai, e que apenas comía: eu, dicía outro: o que mais voto en falta é, o son do meu lugar, o son das chocas do gando, o chirlo dos paxaros: ¡oes! dixo outro, aquí non hai paxaros, ¡verdade! Eu, con só dezaoito anos, non sabía que era o que mais votaba de menos.
Hoxe, coa experiencia do vivido, sei que nunca debín deixar a terra, porque como alguén dixo: o que fuxe lonxe da súa terra, cambia de ceo, pero non de corazón:

ou si. sempre e mellor arrepentirse do que se fai que do quen no se fai.
ti fuches, fixches balance, voltache e recuperaches o teu, e coñeces o valor de cada sitio. si non tiveras ido quizais ainda te andarias lamentando por non terlle votado valor para coñecer outros lugares e outras vidas.
asi que xa sabes, para tras nin para coller impulso.
gustame esa filosofía,ALGUEN, a de sempre pra diante, pero se coa miña experiencia consigo que outros, por o menos o pensen, pode que faga algo na miña vida que mereza a pena, porque é certo o refran que dí: atopa na tua casa o que buscas fora, ou algo así.
Bueno, estamos dacordo vale?
Bicos