recollendo tempestades
terra á nosa
Onte, vinte e oito de maio diste ano 09, comezamos a ver os resultados das eleccións ó parlamento de Galicia. Resultados, que os nosos paisanos propiciaron ¿a sabendas? ¡non mo creo! Teño fe en tódolos galegos sexa cal sexa a súa ideoloxía. Sei, que todos amamos esta fala que nos distingue do resto dos demais pobos de España, porque somos galegos.
Do que non estou tan seguro é, se todos os votantes do noso querido presidente da xunta, eran conscientes de que canda este señor, ían implícitas as ideas de tódolos señores que inda votan en falta o pasado recente, a idea dunha grande e libre.
Dicía o señor Oreja no debate da televisión española: aspiramos a unha España sen autonomías, pero sobre todo, sen eses pequenos partidos autonomistas que impiden facer unha España grande. Necesitamos defender a lingua española ante o avance dos autonomistas. Ese é o seu ideario. Nada se lle pode reprochar ó presidente cando anuncia a reforma da lei de función pública, que segundo di, garantizará a libre elección do idioma que desexen escoller os opositores.
Isto quere dicir, que mais cedo ca tarde, cando vaiamos a calquera consellería, a/o funcionario/a de turno, solicitaranos que falemos en castelán porque non entende o galego, seremos como sempre, os únicos habitantes españois que tendo un idioma propio, defendan o castelán dentro da súa rexión.
Quero pensar que é falta de información, que os galegos votantes do partido popular de Galicia, deixándose levar por a boa fe que nos caracteriza, esqueceron que durante as elección autonómicas, viñeron os partidos nacionais a facer unha manifestacion en defensa do castelán, ou o que sería peor, que deixaron de ser galegos, ou que esqueceron os laios da nosa querida Rosalía cando dicía: probe Galicia, non debes/ Chamarte nunca española/ Que España de ti se olvida/ cando eres,¡Ai! Tan hermosa.


EU dijo
Férveme o sangue e non é desta calor... pero que eu saiba estos "señores" aínda non modificaron o estatuto e o galego segue sendo tamén o idioma oficial polo que exerce o teu dereito de falar a tua lingua en tódolos sitios. Aínda somos moitos e seguiremos loitando...
29 Mayo 2009 | 08:35 PM