día do medio ambiente
Este chamado medio ambiente, ó que hoxe dedicamos un anaco do noso pensamento, debería ser un día, que unira tódolos días de tódolos anos. É importante, como non, ter un día para recordar a importancia de coidar o medio, océanos, ríos e praias, bosques é lagoas, contaminación atmosférica. Todo isto xunto, danos a cambio o que chamamos -vida- cando algunha destas cousas falla, a -nosa- vida está ameazada.
É por iso, que non deberíamos necesitar un día pra recordalo- deberíamos telo presente cada minuto, porque del dependemos. Deberíamos telo presente cando imos no coche e votamos fora ese papel, esa lata ou botella de plástico. Deberíamos pensar que é esta a nosa casa, a casa de todos, a que quixeramos deixar aos nosos fillos e netos en voas condicións.
Este é, o ceo que nos une a todos, que non entende de políticas nin de fronteiras, que todos necesitamos pra seguir latindo, escribindo estas letras neste precioso medio.
Que ninguén se engane pensando que son os demais os que ten a culpa, que son os outros os que ten que arranxar o mundo. Isto, é de todos. Cando votamos ese cigarro por a ventá, ou queimamos pensando que o monte é infindo, estamos tirando pedras ao noso tellado, porque a terra seguirá xirando ó mesmo ritmo con ou sen nos.


pequeno besbello dijo
si el bosque arde,
las cenizas leerán
nuestro epitafio
6 Junio 2009 | 09:58 PM