Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

11 Junio 2009

  • O reloxo do concello marcaba o tempo coas doce badaladas. O mundo parecía deterse ante o inmenso poder do ben mantido párroco da igrexa de Cistierna. Era o día do misterio sen máis, sen explicación humana, era, o día do Corpus Christi.

Saían lucindo as amplas garabatas os homes que representaban a liña recta, a liña que no seu día marcara a santa igrexa católica. Ó seu carón, ocupando o lugar na dereita, sobre os relucentes tacóns, ía a afortunada dama que compartía o leito do infalible, poderoso e desalmado empresario dono dunha mina de carbón. A dous pasos de distancia, seguíaos o fillo que a dama tivera froito do amor, con aquel simpático e probe traballador esquecido fronte o vil e cobizado metal.

Soaba a derradeira badalada, cando esta e outras familias chegaban á porta grande da igrexa, á que soamente os poderosos podían acceder. Tan ergueitas ían as súas cabezas esperando atopar a grosa faciana do párroco, -que co seu mellor sorriso alongaba a graxenta man,- que non repararon na ducia de nenos que alongaban a súa na procura dunha moeda de Patacón < dez céntimos de peseta> pra levar á nai con qué mercar as fabas brancas,- as mais baratas- e enganar á fame uns,- e mercar dez caixas de mixtos outro é mais eu- pra facer unha que outra fogata, ou prender lume a un cigarro de folla de pataca.

Despois, todos escoitábamos as palabras sagradas sen entender nada, mentres ían caendo moedas no cepillo, porque era día sagrado, o día, dicía a miña avoa, que nin os paxaros movían os ovos nos niños.

 

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera