sen sentido
Vinte, trinta ou corenta anos pra ser dono dun teito, dun lugar onde vivir, onde descansar da dura vida de traballo ós que nacemos de familias humildes.
Nove millóns de euros por ano, para os que ten a habilidade de mover un balón.
Perda de toda dignidade ós que nacen en países pobres, e ven o noso país buscando mellorar a súa vida, se atopan un <empresario> desalmado que se aproveita da falta de contrato legal.
Cústanos entender as leis do universo, os segredos mariños, pero mais nos custa á maioría dos humanos comprender as diferenzas que nos mesmos facemos, esas, que un día se volverán contra nos, as que non deberían ter un nome. Diferenzas entre persoas nacidas no mesmo planeta, fillos dunha nai da mesma especie.



nuits dijo
Lo de Florentino Perez es una verguenza
12 Junio 2009 | 11:19 AM