Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

13 Junio 2009

¡que cousas!

 

Alcanzamos un nivel tecnolóxico importante. Poñemos na órbita  do noso planeta, aparellos capaces de detectar a calor de mundos desaparecidos fai milleiros de anos. Ata chegamos a prognosticar a fin do sistema solar ó que pertencemos, ou o irremediable encontro  entre galaxias. Capaces de baixar ós fondos mariños mais escuros, nadar entre tiburóns, ou chegar aos lugares mais afastados do planeta.Facemos marabillas nas artes e nas letras e podemos cambiar órganos danados por outros sans  sen contar ca man divina ou superando a esta.   

Un día, por unha casualidade, filla do caos, aparece un virus, un simple virus que apenas ten materia, e abrimos o debate mais importante deste século. Ríos de tinta intentan levar a noticia aos lugares mais afastados. As ondas de radio e televisión colápsanse por chegar primeiro ó posible interesado, ata os partidos políticos aproveitan pra falar da incompetencia dos gobernos de turno.

Todo un caos provocado por o único depredador que ten a nosa raza. Un insignificante virus que pode rematar coas miserias acumuladas durante dez mil anos. ¡qué bo sería! Que este medo nos fixera pensar, que desbotásemos de nos unha parte da penosa idiotez que rexe este primeiro mundo.  Que fósemos conscientes do lugar que ocupamos, e que actuaramos en consecuencia.

 Que vísemos no diferente, no que camiña a carón de nos, ó noso reflexo, ás nosas limitacións, e que unísemos as enerxías pra acadar un lugar mais acorde ca realidade, mais humano.             

servido por queixa 5 comentarios compártelo

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

nuits

nuits dijo

Pregunta ¿ hay algo en tu vida que te guste ?, ¿ te levantas alguna mañana alegre ?, porque sino pobre el que este a tu lado.

14 Junio 2009 | 12:42 PM

queixa

queixa dijo

Sempre me sinto alegreNUITS, o que pasa é, que me gusta denunciar cada cousa que non me gusta ou que se pode mellorar, é creo sinceramente, que se pode mellorar moréas de cousas. Outros prefiren vivir na burbuxa que lle da protección e viven felices nun mundo feliz, que lle queres.
Bicos.

14 Junio 2009 | 05:23 PM

alguen

alguen dijo

cultura xudeo-cristiana: david acabou con goliat

14 Junio 2009 | 11:44 PM

queixa

queixa dijo

ALGUEN. Iste é o comentario facil, o que non está con ninguén, nen encontra de ninguén. O que non toma partido. A idéa de toda relixión. Destas palabras, pódese sacar de todo sen dicir nada. Respetable por a miña parte, como todo o que se comenta, pero falto dunha implicación personal en favor ou en contra da miña idéa, de ser ou non, mais humanos.
Bicos.

15 Junio 2009 | 12:57 PM

alguen

alguen dijo

a ver o que quero decir e que o medo o debil forma parte da nosa cultura occidental e acomodada. o mencionar a david e goliat simplemente recordaba unha historia na que así aconteceu e que debe estar arraigada na mente colectiva dos que formamos parte diste mundo xudeo-cristian.
eu coido que o medo non fai pensar en absoluto simplemente invita a parapetarse mais fronte a todo o que ven de fora, sexan virus ou persoas.

15 Junio 2009 | 04:53 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera