Palabras dun loitador, dun relixioso que admiro <Pedro Casaldáliga> .Quizá, se o catolicismo tivera como aspiración final a loita contra a fame e en prol dos dereitos humanos, ós que este comprometido poeta dedicou a súa vida, ninguén deixaríamos de apoiar e sentirnos comprometidos ca igrexa católica.
Cando o expansionismo neoliberal, que combate, catalogou ó indio anónimo< Carajá ou Tapirapé > como inimigo a bater en favor duns intereses intrinsecamente monetarios, decidiu o mais difícil, o menos seguro pra súa vida, o que ningún membro da curia católica apoiou. Poñer canto tiña de poder mediático e pastoral pra defender ós que cualifica de irmáns en Cristo.
Trinta anos de loitas contra gobernos corruptos, contra da súa propia igrexa que o desautorizou por seguir fielmente o mandato do fundador que dixo:< o que ame a un destes - referíndose ós pobres- tamén me ama a min>. El amou ós pobres combatendo a Malaria, axudando a que fosen recoñecidos como cidadáns libres. Grazas a el, cincocentas persoas, de mais de cinco mil que habitaban as orelas do río Tapirapé, viven libres nun medio que sempre foi o seu.
Pode que sexan estes, os perseguidos, os desautorizados e marxinados pola curia católica, os verdadeiros seguidores daquel Xesús de Nazaré que intentou unha utopía< amádevos uns ós outros, como eu vos amei> e que pagou ca vida.
Os outros, os que teñen como meta o poder a calquera prezo. Os que a estes loitadores cualifican de renegados, reformistas fora da igrexa, teóricos da liberación, deberían comezar dende o principio, dende aquelas palabras que tanto queren agochar: se queres ser dos meus, regala ós pobres canto tes, é sígueme:

Estas empeñado en estar en el lado oscuro de la Luna y así nunca veras con claridad, y no tendras toda la información que es poder . Un biko.
NUITS. Se tes mais información, por favor, mándama, o mellor estou trabucado con iste persoeiro e resulta que é tan cabrón como os demais.
Mentres non teña mais información, seguirei pensando que de estar do lado de alguén, será deste que está do lado dos meus, dos que poden menos. Tamen compredo que os que non pertenzan a esta clase defendan os seus, lei de vida.
Grazas por os comentarios, un bico.