Vinte anos fai da morte do Imán Jomeini en Irán. vinte anos pasaron dende aquel día que o pobo iraní derramou toneis de bagoas por o home que consideraban- divino. O home que conseguiu impoñer unha das ditaduras mais crueis,- a ditadura do medo. Mulleres sometidas o poder do ser superior, anulándoas como persoas, obrigándoas a cubrir o corpo con roupa negra, símbolo do pecado de nacer muller.
Mulleres que derramaron bágoas cando faleceu, golpeándose as cabezas e dando berros por a perda do líder. Líder, que soubo aproveitar a ignorancia dun pobo sometido, primeiro a unha familia de déspotas, e despois ó gran salvador. Hoxe, loita este pobo nas rúas contra unha democracia imposta, derramando de novo a sangue dos mais pobres, aqueles que non están de acordo en ser manexados por o sumo poder.
¡Canto dano deixan feito os vendedores de medo! ¡como conseguiron aproveitar a boa fe! Só os pobos que cambian a xustiza por a caridade conseguen acadar a liberdade; os demais, camiñan cargados de regras escuras; regras que os mercaderes do medo souberon impoñer entre unha poboación que prefire o fácil, o que as igrexas digan, e aceptalo, o traballo de pensar.
Desconfiamos do diferente, do que non é coma nos, xitanos, rumanos ou ecuatorianos. Cerramos a bolsa mais o sentido común cando nos necesitan, e derramamos bágoas ó tempo que abrimos a bolsa, o escoitar as panxoliñas dun receen nado fai dos mil anos. ¡canto nos queda ata merecer o nome de homo sapiens!

Hay pueblos, que parecen que ha n nacido para sufrir, porque si lees la época del Sha Rezza Palhevi, produce terror, hoy estoy de acuerdo en todo contigo.
a ver, padre, xa non pode estar mais claro...a nuits ta dacordo en tooodo contigo; ergo, vas mal :)
Estamos mellorando a relación NUITS, deve ser a primeira vez que estamos dacordo en algo é dasme alegria, porque vendo os teus comentarios, comezaba a sentirme diferente ó resto.
Gracias.
simplemente trato de ponerme en tu lugar ahora que empiezo a conocerte, y veo que es duro, porque no lo intentas tu tb. un saludo, no soy ninguna arpia,fascita dictadora bruja....