Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

19 Junio 2009

mais escuridade

 

Nunca se renden os mercadores de conciencias, os que se cren donos  da verdade absoluta, os novos aiatolás dun mesmo deus con diferente nome pero a mesma intransixencia.

Solo lles falta o poder de convicción do Islam. Quizá, porque este noso mundo pasou demasiadas guerras, demasiados tratados incumpridos, e demasiada dor por culpa das intransixencias. O mundo civil, superou a escura idade media, o mundo  da escuridade, quedou ancorado nas vellas ideas, na imposición, no medo, nos dereitos herdados dunhas escuras escrituras que poucos saben interpretar, porque tamén son escuras.

Conferencia episcopal lle chaman, eu chamaríalles- descendentes de Alí Babá- sepulcros branqueados lles dixo Xesús. En nome da súa moral, pretenden impoñer ós gobernos elixidos democraticamente, a ancestral xenreira contra as mulleres en primeiro termino, contra o sexo en liberdade, e contra a mesma constitución.

Quizá se poida entender esta posición, se retrocedemos no tempo  e buscamos esa divindade que predican nos feitos acaecidos  cando tiñan o poder absoluto; cando era o Vaticano o centro do mundo cristián. Represión as mulleres, as que podían manexar ó seu entoxo, asasinatos políticos ou limpeza étnica no nome dun pau en forma de cruz. Mais tarde, amantes co nome de -amas- que eles mesmos levavan a abortar, ou pederastia nos seminarios aproveitando a miseria reinante, á que nunca axudaron a derrotar.

 Só así se comprende esta política, nese contexto de  morriña doutros tempos onde a súa palabra era lei. Hoxe falan de defender a vida, onte acompañaban ós escuadróns da morte vestida de azul, e axudaban a facer as listas dos condenados, espero, que a memoria histórina non nos falle, esa memoria que queren esquecer.    

 

 

 

 

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera