Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

22 Junio 2009

cambiante mundo

Recordo,  alá por o ano setenta é cinco, cando as cousas da política comezaban a coller síntomas de liberdade, soñabamos algúns cunha democracia plena, participativa, a que nos levara aos principios democráticos do recoñecemento dos dereitos individuais, da legalidade e igualdade diante da xustiza, da separación de poderes, en definitiva, ó estado de dereito.

Era tan desexado o momento, que algúns, os soñadores, chegamos a crer que era posible, que a xente escollida por o pobo para ser os nosos representantes, sería á mais interesada en levar a cabo a tan soñada conquista da democracia. Unha democracia, onde o principio de igualdade fose un principio inquebrantable, unha lei.

 A caída, segundo din, sempre é proporcional á altura subida . Non me arrepinto de ter subido,non, porque foi fermoso mentres durou; agora, é momento de baixar do cumio das ideas imposibles e comezar a pisar terra firme, de aceptar que somos humanos, que a idea de poder persoal é mais forte ca ningunha outra, por desexada que esta fose.

Despois de ver os resultados dun nacionalismo comprometido, gastando tódalas enerxías en reforzar o seu espazo político, esquecendo ós que puxemos a confianza nunha nova forma de gobernar baseada no interese común. Ós desvaríos dun socialismo comprometido en manter o poder a calquera prezo. E un partido de dereitas que aspira a gobernar, criticando as inxustizas, como debería ser o seu cometido, cando as inxustizas atanen ós demais, e defendendo ós seus correlixionarios a calquera prezo, mesmo sendo acusados por a xustiza de malversadores de fondo públicos, ou de apropiárense dos bens alleos, os de todos, os que tiñan que defender.

Escuro panorama se nos presenta ós ideólogos, ós que pasamos corenta anos de represión esperando a luz. Quizá, esteamos desfasados, quizá, este sexa un novo mundo é outra xente, pero que ninguén nos pida o noso voto pra manter esta farsa, que nos esquezan ou nos consideren soñadores incapaces de aceptar un mundo e unha xente que non coñecemos, que nada ten que ver cos ideais soñados.

servido por queixa 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

o neno

o neno dijo

ideologos dis...
máis ben ideícolas......non?
XD

22 Junio 2009 | 08:13 PM

queixa

queixa dijo

Bueno, podese ver así NENO, pero o nome non cambia nada o fondo da cuestión. O desencanto - as veces- da manipulación política que bota por terra a eufória dos que cremos poder cambiar o mundo. Non conquistalo nin arraxanlo senón, levar a cabo unha democracia onde a xustiza fose igual pra todos, por exemplo..
Bicos

23 Junio 2009 | 03:11 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Fotos

queixa todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera