Que febles resultan as palabras cando se pretende impoñer filosofías baseadas en crenzas, en verdades que son fundadas na fe. Lendo un artigo que pretendía desmentir unha afirmación de Fernando Sabatér, prognosticando a desaparición de tódalas relixións cando o pensamento lóxico se estendera a todo o mundo.
Dicía este defensor da fe, que Xesús de Nazaré feito deus, se presentara á humanidade pra que non houbera dúbida dun reino ó que estábamos chamados. Que por iso ó apóstolo Pedro dixera unha verdade indiscutible: señor, solo en ti hai vida eterna:
Non sei eu se dixo ou non tal palabra, se existiu de verdade ou que crase de persoeiros eran estes, o que si é seguro, que dende o momento da súa morte, no caso de existiren, desapareceron da nosa vida e xamais reapareceron.
Se un deus, chámese como queira, levado do amor sobrante, fixo un universo pra disfrute da raza humana que creou ó seu parecido, a pouco que a lóxica se achegue a nos, que pensemos con este entendemento que el nos deu, aparece a dúbida razoable de tantos e tantos peros pra que nesta humanidade se poida albiscar un chisco de divindade.
Moreas de mulleres mortas ás mans do <creado á súa imaxe> a mellor obra de deus chea de xenreira, de desprezo á mesma natureza que tamén é creación divina. Creación planificada por o todopoderoso, feita a propósito para o noso gozo onde as tres cuartas partes son de auga salgada, unha parte é deserto ermo, e o resto, repartido entre un norte e un sur xeados, onde atopamos toda crase de climas, dende o frío intenso, ó calor insoportable. E no resto, volcáns, tornados, secas e inundacións que traen fame, miserias e enfermidades, impotencia e desolación. E todo isto nas mans dos seus apóstolos aos que dixo: o que atedes na terra, será atado no ceo:
Sigo esperando a resposta lóxica que me dea unha razón lóxica de todo este caos. Se alguén que pase por aquí me pode axudar con palabras que eu entenda quedaréille agradecido, poque no fondo, a todos nos gustaría que houbese ese ceo, ese pai celestial que asegurase o alimento diario en tódolos pobos da terra.

mimadriiiiiiiña!!!
vaia colacao mental te traes
touciño e velocidade...o cú e as témporas.....jajajajjajj
si fas unha pregunta lóxica, ata me atreverei a contestala e todo, mentras,
bailar y pasarlo bien amigho...échocai!!!
Gracias NENO por ese consello que me das,de, bailar e pasalo ben. O das preguntas ben a conto, porque este señor que escribia en defensa do cristianismo, facíao metendo unha lóxica, segundo el, aplastante, e a min non me cadra para nada, por eso pregunto, a ver se alguén mais listo ca min me dera unha idea valida. espero que sexas coerente co teu consello e o pases ben.
Un abrazo.
o importante e facerse as preguntas ainda que non teñan respostas. a relixión so é unha resposta equivocada a certo tipo de preguntas.
segue preguntandote, pero seria mellor que deixases de esperar respostas, as veces non hay. vai ser mellor irse a bailar, como ben dice o neno. un bico
Hola ALGUEN, sabes? acabas de complicar, se cabe, mais a miña comedura de coco, agora intento comprender esa afirmación: a relixión é unha reposta equivocada: Déuchema diós: se tiña necesidade de respostas, agora teño necesidade de esquecer o que dixen.
Bicos
respostas, sempre pidindo respostas...
deixame decirche primeiro,que o Fernando Arrabal, esta como un
carneiro,eu non me fio nin pouco nin moito,sempre esta curda perdido
gostalle moito facer o indio...
en canto a relixion,ti limitate a creer sin mais,a dios non selle piden
explicacions, nin os puristas das cousas nin ous filosofos nin xente
da siensia che da respostas a inda eles non as saben, quedan os
teologos que che din calquer cousa, para levate a orta...
non sei si che aclarei algo o u confundin mais e agora a empanada
xa esta queimada de todo......... veña biquiños