en qué mundo vivimos?
Nunha sociedade avanzada como é a nosa, parecería lóxico pedir, que cada quen respondese ó lugar ou posición que ocupa na sociedade. Así, cando falásemos dun operario, saberíamos con quen estamos a tratar e que podemos esperar deste señor: un onerado traballador que vive da sociedade, a cambio dun servizo. Cando falamos dunha señoría, esperamos atopar a un representante capacitado, é damos por descontado que será unha persoa preparada intelectualmente, íntegro, e digno do lugar que ocupa, porque tamén o soldo que recibe é diferente.
Nada mais lonxe da realidade. Pode que atopemos este operario responsable que nos arranxe ben a lavadora e nos cobre responsablemente con arrego ó traballo realizado, pode. O que xa non é tan doado, que atopemos señorías que pensen no beneficio do pobo ó que serven.
É nesta caste, onde vemos a falta mais elemental de educación, cando no congreso ou senado ten que ser chamados ó orden como se de pequenos se tratara, onde aparecen os casos de apropiación indebida, de corrupción, de falta de rigor cando esixen ós demais o que nunca cumpren, mentireiros cando de prometer se trata.
Ante este panorama, un pregúntase sen querer, en qué mundo vivimos? A quen podemos crer cando predican o respecto as normas xudiciais se xulgan ós outros, e criticamos ós xuíces se nos xulgan a nos? Qué podemos esperar dos partidos políticos, se defenden ó tesoureiro estando acusado de quedarse con millóns de euros? Se temos presidentes de autonomías que reciben regalos á conta do cargo, ou ministros que axudaron á filla a conseguir diñeiro de todos?
Creo sinxelamente, que esta sociedade necesita un cambio. Que habería que debater novamente os nomeamentos é a quen se lle dan. Porque con estas <señorías> como representantes dun país que se di ,avanzado, podemos comezar a perder a fe, e ata o respecto.
