Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

2 Julio 2009

festas en queixa

 

 

Estamos de festa

Onde queira que vaiamos dentro da nosa terra, serán festas, ou estarán a punto de se celebraren. Festas dedicadas aos santos, os emigrantes ou á gastronomía, á choiva ou ás patacas, enchen de colorido a fermosa terra galega.

Tamén en Queixa son festas nesta fin de semana. Non sabemos á honra de que santo, pero festas, con musica, fogos é deliciosos manxares pra dar pracer ós nosos gustos de por si acostumados aos bos, e abundantes alimentos de Galicia.

Din, que nalgún lugar hai crise, pode ser, pero noutro tempo, porque ó momento de celebrar festas, somos os galegos o número un en tirar a casa por a ventá, de esquecer crises e estreiteces, é momento de poñer en valor a tan merecida fama de –farturentos- de esquecer a crase á que a sociedade nos ten relegados, de gozar da presenza de familias e amigos, de estrear o mellor dos sorrisos, de como diría un amigo meu, bailar e pasalo ben.

 Quero dende este humilde recuncho  invitar á festa, a tódolos que len- ou comentan sen ler- as miñas divagacións de vello, baseadas as mais das veces, nos recordos doutros tempos que nos resistimos a perder,e se a inquedanza de coñecer lugares fermosos vos empurra ata aquí, tamén teredes un teito onde durmir e un grolo de bo viño.

 

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera