Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

3 Julio 2009

sempre son os mesmos

Cando as noticias nos sorprenden con algún golpe de estado, caso de Honduras, sempre se confirma a idea de que foron os mesmos de sempre- os salvadores de patrias.

 Cústanos ao parecer, facernos á idea de que unha democracia non se pode derrotar ca forza das armas, e pensar que o pobo acollerá con agrado a imposición que inevitablemente leva á represión.

Pode que algún dos presidentes que foron elixidos por medio das furnas, non merezan o nome de democráticos.Pode que o pobo, ó que se enganou ó momento de ofrecer o que nunca se cumpriu, se sinta decepcionado ca crase política que lle tocou en sorte, pero o que xamais pode aceptar un pobo que mereza ese nome é, que se troque a idea de liberdade por a forza das armas, na man dos que sen dúbida, utilizarán o poder roubado pra impoñer o medo, a represión e a morte ós que non pensen igual.

Demasiadas experiencias temos ó longo da historia nesa parte do mundo, pra que o resto dos países aceptemos unha nova ditadura militar, sen que reciba as críticas de tódolos que cremos na liberdade dos humanos, no seu dereito de pensar ou decidir o seu futuro como persoas, sen que os salva- patrias, decidan por nos.

Algo cambiou nos derradeiros anos, algo estamos avanzando, cando a condena ó golpe de estado, foi criticada por tódolos demócratas de Europa, de Norte América, ou dos países sudamericáns. Espero e desexo que todo regrese á normalidade democrática sen que teña que morrer alguén. Que sexan os habitantes deste país, os que nomeen ó presidente que mellor lles pareza.

E que os militares entendan, que son servidores do estado ó que pertencen, que non lles corresponde a eles o poñer ou quitar gobernos, que ese tempo, xa pasou.

 

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Fotos

queixa todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera