Érguese altivo o camello, sabedor do seu poder no medio que o viu nacer. Ninguén como el sabe apreciar a quietude do deserto do Sáhara, o silencio da planicie, ou a liberdade de quilómetros e quilómetros de area.
Nómades igual cos homes que os domesticaron, pero igual de prisioneiros ca estes. Prisioneiros da historia, do lugar que os acolle. Prisioneiros da política dos grandes, os que non ten reparo en roubar os Fosfatos, en esquilmar os caladoiros que non lles pertencen ou en repartir as terras gañadas ca forza das armas.
Prisioneiros da intransixencia duns veciños mais fortes que pregan a un mesmo deus, que esqueceron un pasado moi cercan, no que foron, igual ca estes, dominados á forza por os mesmos que agora os protexen esperando sacar algo a cambio, mentres que nos- o mundo libre- aproveita a circunstancia pre facer turismo e sacar fotos.
