Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

14 Julio 2009

falando de crise

 

 

 

  

Quen o diría! Que en plena crise económica, no noso país veciño, preto de Viana do Castelo, tivéramos que esperar vinte minutos pra conseguir unha mesa libre, nun restaurante de cincocentas prazas e prezos elevados.Pedra alta, se chama a fermosa construción de  fachada modernista e aires de pazo. No aparcamento, son os Mercedes de luxo a maioría.

Soan os alto falantes como se dunha carreira cotra reloxo se tratara: ficha vinte e cinco, cinco prazas: ficha cento corenta, sete prazas, poden pasar. Ó chegar á porta do comedor, perdese a vista na cantidade de mesas, de camareiros cargados con bandexas de Lagostas, bacallau á portuguesa e carnes ó espeto. Mulleres cargadas de relucentes aparellos e reloxos color ouro, homes de prominentes barrigas e refinados modais enchen os bandullos de exquisitos manxares.

Hai crise, é certo, pero penso eu, que se os que mais teñen, os que cometemos o delito de engrosar as arcas destes grandes empresarios, se fósemos xustos ó momento de contribuír ca facenda pública e abrísemos a bolsa do mesmo xeito que pra encher os bandullos, algo cambiaría neste mundo.       

 

servido por queixa 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

MARIA RODRÍGUEZ

MARIA RODRÍGUEZ dijo

HOLA, BOAS! Sabes o que pasa é que igual que cando houbo o cambio de milenio ese no que se cambiaba de moeda e todo o bello se mandaba a tomar por cú, dispensando, que hai que ser finos e recatados nos comentarios(din)!, se está invertindo en valores do ESTADO, do estado dun, claro! que eso sempre é unha inversión sólida e a longo prazo que nunca se sabe cando se irá a unha illa deserta e todo unto vaise pola sombra, je,je! Sabes que estamos no pais de San TOUCIÑO, e todo o que sexa graxa non engorda, senón reforza, e os que de unto están sobrados moitos roxos farán, aínda en tempos de crise.
Bicos e bo día!

15 Julio 2009 | 11:45 PM

unha amiga

unha amiga dijo

Que rule a pasta!!! Coma ten que ser, quen dixo medo...
Bikiños

16 Julio 2009 | 11:56 AM

queixa

queixa dijo

Tes razón MARÍA RODRÍGUEZ, sobre todo, no de SAN TOUCIÑO. Gústame o teu comentario desenfadado, estamos en tempos de vacacións e de luz, e total, a vida pasa de todas as maneiras.
Grazas por o comentario. Unha aperta

16 Julio 2009 | 12:52 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera