pobos encantados 

Esta reflexión, está baseada no comentario  que unha amiga fixo no meu blog, e que ten mais razón que un santo cando di, que nada ten que ver as familias reales, coas familias reais.

As primeiras, as que ten algo que ver ca realeza, sexa en primeiro ou decimo- quinto  lugar na liña sucesoria, ten asegurado un lugar de privilexio na sociedade  sen importar o momento económico que esta atravese.  Falan de recortar gastos -o que quere dicir- que malgastaban os nosos diñeiros antes da crise- ¡eu penso que antes e despois!

As outras- que somos a maioría- adaptámonos ás circunstancias que rexen no estamento ó que pertencemos, e deixamos que os do andar superior nos mintan- unha e outra vez- sen conseguir enganarnos.

 Méntennos, cando se achegan unhas eleccións, cando se tiran as culpas entre eles esperando que o eco chegue a nos, cando se inventan postos á medida da cantidade de amigos á empregar, ou cando se votan a culpa da mala xestión. E digo - sen enganarnos- porque todos sabemos de que vai a -movida, sabemos, que como dicía o vello redran : cambiarás de muiñeiro,pero non de ladrón.

¡Hai unha cousa en toda esta trama, que non logro comprender! Se temos dezasete presidentes autonómicos neste país, con moreas de conselleiros, directores xerais e mandos intermedios,   porqué cando hai algo que non funciona ou funciona mal -caso do paro- vótanse as culpas ó goberno central? Que medidas toman os nosos gobernos autónomos en favor dos que axudamos a que estean aí?

Agora que estamos de  vacacións, pode ser o momento de pararse a pensar, de poñernos de acordo os do andar inferior e dicir -basta-  o que queira peixe, que molle o cu- daremos o noso voto, ó que mais pague por el ¡total vannos mentir!