¡que verán!
Se volveran a este mundo os avós do rural galego, aqueles que votaban a gorra ó aire pra saber de onde viña o vento e prognosticar o tempo, de seguro que se sentirían perdidos ou enganados, porque nos últimos tempos, nada é como debería ser.
Chove no verán, fai calor en febreiro ou xea no mes de agosto con toda facilidade. Xa non é doado facer previsións do noso tempo libre, porque todo é cambiante, se contas cun fin de semana na praia, has facer unha segunda idea- por se acaso- aínda que sexa no mes de agosto.
¡Nada é como antes! Din os mais vellos do meu pobo, e creo que ten razón. Onte, choveu doce horas seguidas a todo chover, sen importarlle que fose o vinte e dous de xullo, bruaba o vento nos carballos como se o poderoso Eolo perdera o tino, e baixaba a temperatura como se fose primavera. ¡isto non é serio!
A solución, que estou comezando a crer, dábama un home de certa experiencia que o explicaba deste xeito: Dende que os homes perderon o tino e profanaron á Lúa mandando aparellos voadores aló, xa nada é como antes. Os buracos que deixaron na aumófera non se cerraron, e de aí ven este cambio no tempo.
Agora que estamos celebrando a chegada do home a Lúa, o acoplamento do derradeiro módulo da estación espacial, quizá debéramos pararnos a pensar se imos co camiño bo, se este home cheo da experiencia dos anos non terá algo de razón.
Tamén recordo un refrán dunha señora maior cando eu era pequeno, que dicía: en invierno y en verano, la capa en la mano: quen sabe, ó mellor sempre foi así, porque dende aquela, xa choveu.




damiandecuntis dijo
Boas! está claro que o tempo está algo cambiado, pero polo menos donde eu vivo, a finais de agosto xa empeza a xiar, de feito é algo moi temido polos viticultores.
Gústame moito o do buraco que deixaron os homes que foron á lúa jajaja, moi bo.
Salú!
23 Julio 2009 | 01:18 PM