Fermosa luna, namorada dos poetas, luceiro dos moradores nocturnos, amiga dos soñadores, compañeira inseparable e dona absoluta das mareas. ¡Onde haberá alguén que non te admire! Onde alguén que non ollara o ceo por te ver?
Corenta anos fai que aceptaches a visita do humano terrestre, que abriches as portas ós novos tempos da tecnoloxía imparable. Corenta anos fai que desvelaches os segredos do teu pequeno mundo ós curiosos moradores da terra nai.
Pequenos e agradecidos nos sentimos ante a túa nocturna luz, temerosos ante a imaxe que nos ofreces cando te presentas ante o pai sol, descolorando a luz diúrna e atemorizando ca túa sombra ó arrogante e prepotente humano.
Fachendosa e silandeira como orgullosa galega, saes ó amparo das sombras, e alumeas ca túa beleza canto de bo alberga o fermoso mundo.
Unha louvada memoria no nome de cantos te sentimos parte importante de nos. Un recordo garimoso neste corenta cumpre anos do noso achegamento. Un agradecido cariño por a túa compañía, por alumear as nosas vidas, por existir. Gracias amiga lua.

unha noite, na eira do trigo, o refreixo do branco Luar...
unha nena choraba coitada os desdens dun ingrato galan
a frixiña coitada desia xa no mundo, non teño a ningen
e chorando iba cans peniñas,ca sua alma routa tamen...
cando a luniña aparece i o sol nos mares se esconde
todo e silencio nos campos todo na ribeira dorme
quedan as veigas in xente sin ovelliñas os montes
a fonte sin rousas vivas os arbores sin cantores
temos que aprobeitar sempre estas paxinas para deixar un pouso
da cultura poetica de Rosalia de Castro pra todo aquel que non a
conosa
recordos a terra e a esa luniña tan expesial que temos
na terra xa sei que e a mesma de todo o mundo pero nos miramola
de o u tra mareira
Que triste! ¡qué hora tan triste
aquela en que o sol se esconde,
en que as estreliñas pálidas
timidamente relosen!
Gústame a idea TERESA, que elguén estrano a nos, coñeza ós nosos mellores poetas é unha idea xenial, magoa que sexan poucos os que pasan por este blog, e menos os que se paran a lelo.
Unha aperta con sabor a Galicia pra todos os que votan en falta este aloumiño pátrio.
claro que e boa idea, asi que empezemos xa...
bosques casa sepulturas - campanarios e campanas
con sons vagos de dosuras - que despertan - ai - ternuras
que en jamais podran ser vanas
elas fono as que alegriñas - me chamaban mainamente
nas douradas mañanciñas - de mi maa cas cantiguiñas
os biquiños xuntamente
inda vexo onde xogaba - cas meniñas que eu queria
o enxindiño onde folgaba - os rosales que coidaba
a fontiña onde bebia.
Quizá sexa esta a poesia que mellor retrata o que está a ocorrer no agro galego. Pobos que comezan a estar abandonados, onde comeza a ser noticia o nacemento dun neno.
Risas, cantos, armonia/ brandas músicas, contento/ festas, dansas, alegría/ se trocou na triste e fría/xorda vos do forte vento.
Mes tras mes, pedra tras pedra/ ti te irás desmoronando/ ceñida por sintas de hedra/ mentras que outra forte medra/ que así o mundo vai rolando.
Gracias por estes fermosos comentarios, unha aperta
Tembra a que unha inmensa dicha neste mundo che sorprenda
grorias ,aqui, sobrehumanas tran desventuras supremas
nin maxines que pasan os dores como pasan os gustos da terra
¡ hai infernos na memoria cando n,os hai na concencia !
cal arraigan as hedras nos muros nalguns peitos arraigan as penas