sempre o medo
sempre o medo
Cando o pai desempeñaba aquel cargo na administración, era o cura mais o gobernador os mellores amigos, os que fumaban os seus puros e bebían aquel coñac estranxeiro que tanto saboreaban, despois, cando os franquistas colleron o mando e detiveron ó pai acusándoo de roxo, ninguén acudiu na súa axuda, deus estaba ausente, os amigos sentiron medo.
É o medo, o verdadeiro deus dos humanos, o que nos empurra a abandonar a un amigo, ós pais, os fillos ou a todos, con tal de salvar á nosa propia vida. É humano, xa o escribiu un dos seguidores de Xesús de Nazaret, foi o medo, o que empurrou ó mellor amigo que tiña a negalo ata tres veces.
foi o medo ó lume, ós trebóns, ás forzas da natureza o que creou ó primeiro deus. Foi o medo a un mais alá despois da morte, o que creou o deus dos cristiáns.
É o medo a escuridade o que fixo un inferno, un demo. É o medo ós diferentes, a quedar sen traballo, á fame, o que domina este mundo de inxustizas.
Medo a perder o estatus que nos coloca por encima do veciño e nos impide baixar o seu nivel. Medo, a pararse a axudar ao semellante que necesita de nos, medo, ó medo que nos domina.
Só o día que desapareza o medo e nos enfrontemos á nosa morte ca mesma naturalidade que nos enfrontamos a morte allea, que recoñezamos a fraxilidade da vida, do fío que nos une con tódolos humanos,vivos ou non, deixaremos de necesitar toda crase de deuses e comezará a verdadeira humanidade.

laguntsa dijo
Quen dixo medo!!! Aparte de que hai hospitais por riba de todo debémonos a nosa propia dignidade.
Bicos
28 Julio 2009 | 07:53 PM