Por facer algo, escribo. Como se dunha obriga se tratara. Difícil entender que se poida vivir sen rascar bola, sen tan sequera  desgastar a neurona pensando. E sen embargo, aquí estou eu, nada que facer, nada que pensar.

Sí, eta ataca de novo,  e faino amparándose na noite, cando a escuridade iguala a tódolos gatos deixándoos pardos. Eles non ten color, son sicarios portadores de sufrimentos inútiles, espécimes detidos no pasado.

Cando rematara? Cando se darán conta que o mundo mudou? Que vivimos nunha democracia onde se poden intentar por a vía pacífica, ideas e proxectos separatistas sen ferir aos que nada ten que ver na súa particular e inútil guerra?

Outra vez estou entrando nos temas que me enfadan, sabendo que nada podo facer por evitalo. Sí, será por estar vivo. Quizá debera intentar durmir unha sesta. Esta hamaca, este sol, este ceo claro, esta vista este silencio.

¡Qué fermosa é a vida!mágoa que alguén a utilice pra levar o terror alí onde pasa. ¡ Xa estamos outra vez!

Agora si, agora cerrarei os ollos e intentarei soñar cas cores do verán, e que o cantar dos paxaros sexa o meu arrolo.