ideas ancestrais
Cando somos novos e o noso pai se resiste a deixar o mando do pequeno ou grande negocio, sentimos a intransixencia xeracional, a falta de confianza en nos; despois, cando o tempo é chegado e somos nos os que temos que deixar a dirección, esquecemos que foi onte, cando pensábamos que chegando este momento, seríamos comprensibles e estaríamos á altura das circunstancias.
Sempre é, a escola da vida a que nos ensina, a que nos aprende da única forma que sabemos aprender, á forza, con sacrificio, loitando contra a nosa cabezonería, conta a idea de que somos imprescindibles. Todo se repite, ninguén aprende ca experiencia dos demais.
Os avós, non conseguiron comprender aos nosos pais, os pais non conseguiron comprendernos a nos. Somos nos os que deberíamos intentar comprender aos nosos fillos é romper a cadea, esa ancestral cadea que separa ás xeracións, esa cadea que unha e outra vez se repite separando ás familias, e separándonos das novas xeracións que ó mesmo tempo se van separando irremediablemente da xeración seguinte.
Esiximos a liberdade cando ós catorce anos nos sentimos maiores e responsables dos nosos actos, privamos aos nosos fillos desa mesma liberdade que pedíamos, a sabendas de que son mais responsables que eramos nos. ¡que difíciles facemos as cousas mais simples!


laguntsa dijo
Que fácil é ser transixente cos fillos dos demáis!!! Pero tendo un bichiño que hai que cuidar e protexer de todo mal toda a vida xa todo se volve máis complexo.
O conflicto xeneracional forma parte da nosa evolución senon todo estaría demasiado parado ata morrer. ¡¡¡Guerra aos patróns!!!
Bicos
30 Julio 2009 | 12:01 PM