Onte, mentres escribía intentando enganar á fame ata a hora da cea, falaba dos terroristas da eta e das súas trasnoitadas é sanguinarias ideas. Nese mesmo momento, estaba algún dos seus secuaces pondo en marcha a macabra bomba lapa que segaría a vida a dúas persoas.
Casualidades da vida, e confirmación do difícil que resulta poñer de acordo ás persoas. Mentres uns pensamos, cómo é posible que esta xente siga pensando que ten razón? eles afírmanse mais é mais nas tolas ideas que os han levar á destrución das vidas alleas, as súas, e mais as das súas familias.
Que macabra seguridade ten estes monstros, sabendo que non hai saída, que non se pode loitar contra todo o mundo pensando que só ti tes razón, que ninguén pode impoñer a súa idea á forza a un país.
Mágoa das mortes inútiles que están deixando no camiño. Quizá mañá, cando esta tolemia remate- que ten que rematar- se dean conta do trabucados que estaban, do dano que fixeron ca súa fanática idea de nacionalismo perverso, e de que nada ten volta atrás, de que o dano que facemos aos demais, volverá o principio atrapándonos a nos.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados