voando cara o ceo

Xentes que a vida lles sorriu dende o mesmo momento de nacer. Xentes que son portadores de desgrazas dende antes de ver a luz. Todos somos  xente.

Homes e mulleres que viviron unha guerra civil, que por diversos motivos loitaron baixo bandeiras diferentes.Que sufriron as miserias dunha barbarie sen tino, que cantaron co mesmo orgullo cancións diferentes. Que entregaron as vidas en prol dun mundo mellor. todos eran xentes.

Xentes que houberon de deixar canto tiñan e saír fora do seu país porque os seus, aos que apoiaban e querían, fóronos perdedores. Tamén eran xente. Quizá, menos cantidade de xente, ou non tiveron a mesma axuda cos outros que agora sábense cheos de razón, porque gañaron. Tamén estes se consideran  xentes.

Son xentes as que habitan este mundo, as que cheas de razón saen ás rúas expondo a vida por unha causa que pensamos xusta. As veces, moitas das veces, pra axudar a subir ao poder ó mesmo que mais tarde masacrará, torturará a outras xentes por seguir no poder.

Xentes que aproveitarán un posto de privilexio pra recoller o que non mereceron, a sabendas de que outra xente con menos sorte quedará sen o que mereceu.

 Unha e outra vez caemos no mesmo pecado. Rusia, España, Arxentina ou Chile- agora Honduras- sempre se repite o mesmo sen que aprendamos a lección; sen chegar a entender que todos temos os mesmos dereitos, que as palabras altisonantes e cheas de patriotismo dos dirixentes, só teñen un fin, chegar ó poder. 

Patria, vandeira e honrra, só son palabras que inventaron os que querían estar arriba. Os que aproveitando a boa fe das xentes, souberon   engaio lalos pra conseguir o seu propósito.