a pedra en Galiza
igrexa de Chandrexa de Queixa
Remata o día, cóbrese o ceo de cores ocres e grises esperando as sombras da noite. Sombras que traerán a calma ós cansos corpos das xente da aldea. Remata o verán e os duros traballos da recolleita. Atrás quedan os longos días de duro sol. Tórnase calma a ambición humana despois do reconto da nova colleita.
Todo pasa, agás o campanario da vella igrexa de pedra. Ela, forma parte da historia destas terras altas. Ela, podería contar centos de historias da vida e da morte, das alegrías e pesares, ilusións e esperanzas de tantas e tantas vidas que pasaron ó seu redor.
Hoxe, ensina altiva a súa figura reflexada no fermoso ceo da tarde, segura da súa fortaleza, dona do tempo que ó humano lle é negado. Ela será, nun día non lonxano, testiño mudo do derradeiro habitante deste tranquilo lugar. O pobo que protexía baixo a súa sombra, fai anos que pechou as portas. Os seus habitantes, foron buscando outros lugares mais poboados lonxe da súa protección.
Noutrora temida, adorada e respetada, vive hoxe a mesma soidade do rural ourensá, esperando que a enquisa feita por a consellería do medio rural, onde dous de cada tres galegos, opinaron que era mellor a vida no rural ca nas cidades, se torne en realidade. Unha contradición mais do ser humano, que fuxe lonxe do lugar que o viu nacer, e que opina e porfía que é o seu o mellor lugar do mundo, ó mesmo tempo que respira na cidade.


alguen dijo
o camiño e tortuoso e non se ten claro onde ir, tardamos en darnos conta que as veces a mellor maneira de chegar é volver.
así que, quen sabe? quizais nun tempo non lonxano as campas de esa igrexa cando soen serán escoitadas por moitos que decidiron deixar de fuxir, correr ou simplemente andar e acollerse en lugares como iste.
eu que sei!!!!!!!
20 Agosto 2009 | 12:34 PM