Alguén dixo, que a caridade ben entendida, comeza sempre por un; igualmente, penso eu, ocorre ca solidariedade. Porque, adoitamos caer moitas veces no pecado de, hai que ser solidarios,¡claro! pero, que empecen os demais; así ocorre cos nosos dirixentes que, por lóxica, deberían ser os que deran exemplo. Pero mira por onde, que sendo os  meirandes predicadores das palabras exemplares, son sempre os derradeiros en aplicarse as normas.

E ben a conto, porque agora que falamos de remediar as necesidades básicas de milleiros de parados que non acadan o soldo mínimo, á conta do estado, que somos todos, ou a conta de conxelar o soldo dos funcionarios que cobran mil euros, ou pouco mais, que  ninguún dos políticos que coñezo, e que gañan mais de tres mil euros ó mes, decidiu  aplicar a solidariedade e gañar a metade do que gañan durante o tempo que dure a crise. Ou renunciar a seguir cobrando o mesmo soldo despois de deixar o¿traballo?

Porque traballo, do que necesita repoñer calorías, faládeme dos mariñeiros, dos canteiros ou dos labregos, de camioneiros ou de mineiros, porque o que é de políticos, moito gasto de lareta,  algún que outro golpe nas costas cando necesitan votos, e para de contar.

Así que, digo eu, non se vos asemella isto ás películas de delincuentes cando di o que manda mais: collédeo, agarrádeo; mentres el, espera tranquilo que collan e agarren, sentado no asento de coiro? algo así me parece esta estratexia de boas palabras que se está a gastar entre os nosos políticos, empresarios e sindicatos. Goberno en xeral.

  Non é de recibo, que mentres algunhas familias se teñan que areglar con catrocentos euros e non digan nada, o noso presidente e parte do goberno da xunta, estean cobrando poriba dos seis mil euros. e que ademais, sexan estes  os que falen de solidariedade.