Foi pobo un día, nel, naceron viviron e morreron xentes sinxelas, labregos de nobre corazón que só desexaban iso, vivir.
Os derradeiros habitantes, dúas familias, fai corenta anos que abandonaron estes fermosos paraxes en busca de máis ruído, mais contaminación e mais penurias das que xa tiñan.
foi o cambio de mentalidade o que cegou ás xentes do campo, esa idea de prosperar axiña, de conseguir as cousas que a televisión ofertaba sen descanso. Cidades de grandes rúas cheas de luces que se moven, cines, teatros e discotecas ca música de moda¡unha fartura! Despois, o servizo doméstico esperaba ás nosas mozas, o traballo na construción aos mozos, e chegando á casa, a maior desilusión. Pero, quén se atrevería a volver ó pobo sabendo que outros chegaron en fermosos autos?
Algúns, os mais vellos que houberon seguir ós fillos de cara á cidade, viviron morrendo de soidade, de falta da liberdade dos montes galegos que tanto quixeron, do recordo deste verde que xamais nomearon e xamais esqueceron. Quén vivindo cincuenta anos neste paraíso pode esquecer?
Hoxe son as vellas casas as que agardan ós que xa morreron. Ninguén volverá á vida rural mentres non cambiemos a idea de prosperidade que un día nos ensinaron, mentres non sexamos sinxelos con nos mesmos e entendamos que só se vive unha vez, e que ningunha cidade do mundo pode ofrecer a vida mais natural ca estes fermosos lugares da montaña ourensá.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados