Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

31 Agosto 2009

a morte viste de muller

 

stock photo : Young beautiful demonic female creature holding scull

A morte ten nome de muller, ten a rolda de noite, chúcese entre as sombras do alcohol, da droga ou dos ciúmes, pero sempre escolle ás vítimas entre o sexo menos forte. Sempre a morte se decanta do lado mais débil, que non do lado da razón, da sensatez ou da calma, de ser así, non ían ser as vítimas, María. Dolores. Tereixa... ¡Sempre mulleres!.

A morte está do lado mais forte, mais animal,  do lado da escuridade. A morte descansa na mente do violento esperando a ocasión da vinganza, moitas das veces, dunha vinganza sen fundamento, porque a ruptura non foi por desprezo, senón por esa mesma violencia que quere impoñer a razón ca forza bruta.

Os integrantes de ETA, non son defensores da independencia cando matan, tampouco son soldados que defenden as súas vidas cando pon unha bomba, son simplemente, asasinos. Os homes que arrebatan a vida as compañeiras,ou ex compañeiras, que ás veces buscan axuda pra levar a cabo a matanza, non son homes, son igual de covardes que os integrantes  de ETA que matan por as costas, son, asasinos.

Os homes razoan, discuten e ata poden chegar a pelexar. Os asasinos, ampáranse na noite escura como lobo rabioso esperando á vítima inocente co coitelo erguido, non queren razoar nin discutir, porque saben que non existe unha razón pra quitar a vida a ninguén. A morte, unha vez mais, vístese de muller, esta vez en Toén, ¡onde será a próxima!

 

 

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera