Algo terá que haber en Afganistán que non coñezamos as xente de -apé. Algo mais que a boa vontade do mundo libre en prol da liberdade dunha xente que sobreviviu sen nos toda a vida. Algo terán os afganos que lle interese ó soberbio pobo norte americano pra por tanto interese en manter unha guerra, serán os xacementos de petróleo? Serán as minas de ouro, cobre, uranio, esmeraldas, marfil, que seguen baixo as súas montañas? Penso, que a decisión do señor Bush alá por o anos dous mil un, non era só defenderse dos Talibáns, senón, e pode que sexa un mal pensado, aproveitar o atentado ás torres xemelgas pra conseguir apoios dos outros países, e conseguir o que ninguén conseguiu- dominar a este pobo de guerreiros e roubarlles o pouco que ten.
Podo estar trabucado¡claro que si! Pero do que coñezo, nunca esta nación se preocupou por os pobos oprimidos- nos estivemos corenta anos- os saharauís seguen aí, sen que intenten arranxar a situación. Eles propiciaron tódalas ditaduras que houbo en América, e ata apoiaron algún golpe de estado cando había algo que levar. Eles apoiaron aos talibán cando loitaban contra Rusia. Como non desconfiar? O que quixera saber é, porqué o noso exercito está arriscando vida e facenda nunha guerra que nada ten que ver con nos? Tanto dependemos do poderoso país? E de ser así, porqué non nos ven axudar a saír da crise?
Dixéronos, que os mil douscentos soldados que temos alí, estaban pra garantir a paz e axudar a uns comicios limpos e en paz. Agora sabemos que están sendo atacados e atacantes, ata mataron xente e puxeron as súas vidas en perigo, no nome de qué? ¡cada día entendo menos este mundo!

pois benvido o club dos que non entendemos porque se loita en afganistan, porque os saharauis seguen en campos de refuxiados, porque os palestinos seguen sen pais, porque morre xente de fame, porque os politicos non se responsabilizan do que fan ou dicen, porque nos menten sempre, porque nos manipulan, porque non facemos nada,..... etc etc etc
Non sabían ALGUEN, da esistencia deste club, será que me falta esperencia ou prefiro pechar os ollos. De todos modos, hai milleiros de cousas que descoñezo neste mundo.
Bicos grandes dende Queixa.
Apuntádeme aí :)