Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

20 Septiembre 2009

recordos

 

 

Recordaba fai uns días, a Galicia doutros tempos. Recordaba algúns dos oficios xa esquecidos que non hai moito vivían con nos, recordaba sobre todo,  ós cegos. Pero existe outra figura, a máis salientable daqueles e destes tempos, de tódolos tempos, unha figura que alguén dixo dela: de non existir, a casa Galicia non existiría, esa figura é,  a muller galega.

A ela debémoslle todo, o que somos e o que temos. No mar, apoiando home e coidando fillos, mariscando no seu tempo libre pra mellorar a cativa economía da época, buscando o mellor prezo ó peixe, sufrindo en moitos casos a perda do compañeiro, levando de por vida o negro loito, pero sempre, sempre saíndo adiante.

¡Qué dicir da muller no campo! Era ela a que cargaba co peso da casa, dos fillos, dos animais, e na maioría dos casos, criada de sogros e pais anciáns. Esa muller que non tiña descanso, que moitas veces atopei conducindo ás vacas cara o monte, levando no brazo a cestiña ca madeixa de la, fuso e agullas da calceta. Cada segundo libre, era como unha maquina facendo calcetíns, xerseis ou chaquetas pra os seus, era,  o corazón da Galicia rural.

Amante é nai. A súa presenza enchía as pobres casas da maior das riquezas, ese amoroso sorriso que tanto se vota en falta, esa acolledora amabilidade que caracterizaba ós nosos pobos.

Cambiou o mundo e as formas, hoxe temos esa "igualdade" que probablemente soñaron as nosas aboas, pero mentres os recordos se manteñan vivos, non esquezamos a esa figura tan querida, devanceira do que somos, que sempre esperaba nas casas enchéndoo todo dun cariño inmenso,( a muller galega.)     

 

 

servido por queixa 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

MARIA RODRÍGUEZ

MARIA RODRÍGUEZ dijo

Hola!
Que razón tes! creo que poucas palabras se poden engadir xa. Creo que foi a grande sacrificada na emigración, xa que quedaba na casa, ata que no setenta mais ou menos comezou tamén á encamiñarse a emigración.
Biquiños

21 Septiembre 2009 | 08:57 PM

queixa

queixa dijo

Cantas cousas que dicir MARIA. Loitadora, defensora dos intereses. Foi a muller galega a que conseguiu que os fillos estraran en serio na escola, a que cambiou o mundo rural, sempre dende a sombra, disposta a conseguir ese cambio sen se facer notar, entregándoo todo sen pedir nada a cambio. Un monumento se merecen ás avoas galegas e todo o noso cariño.
Como María tamen é muller, unha aperta.

21 Septiembre 2009 | 09:44 PM

a nena

a nena dijo

Pois eu non vos vexo nin tanto cambio nin tanta "igualdade", pero bonita homenaxe :D Biquiños!!

30 Septiembre 2009 | 09:42 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera