nos camiños de Queixa
bosque da Quixiliña
Os que pasamos os derradeiros trinta anos das nosas vidas neste fermoso recuncho de Galicia, somos testemuñas directas do aumento e mellora nos nosos bosques.
Dende que chegaron os primeiros habitantes a estes lugares, foi a madeira de carballo, cas súas variantes, a encargada de manter aceso o lume nas lareiras. Só os pobos que superaban os mil douscentos metros de altitude, aproveitaban as raíces da Uz, os chamados (torgos) pa facer o fogo; os demais, ían demoucando os carballos, que en poucos anos volvían a ter leña.
Foi co aumento da demografía, alá por os anos cincuenta, cando os bosques sufriron a mais grande presión; hectáreas de bosques arrincados en favor da agricultura e pastos pro gando. Despois, a chegada da emigración a Europa xunto ca chegada do gas Butano, deron un respiro ós castigados bosques.
Hoxe, é un pracer camiñar baixo as frondosas árbores que cobren estradas e camiños. Carballos, Amieiros e Bidueiros, Salgueiros e Freixos, Sanguiños e avelaíñas, Acebros e Piornos, Cancereixos e Padrairos cobren a maior parte de serras e vales, basta mirar a foto pa se decatar da fermosura destes camiños de Queixa.
