a noso lingua
Cando se escoita falar de bilingüismo, estase empurrando ó galegofalante a utilizar a lingua castelá, non ó contrario, como debería ser nun lugar onde a lingua propia sobrevive dende fai un milenio, e onde tanto sacrificio leva pagado o pobo galego por a súa supervivencia. Quizá, debéramos recordar, ou non esquecer, que foi con Henrique de Trastamára: 1367-1379: cando comezou a loita contra a nosa lingua. Loita, que tería a máxima virulencia durante o reinado dos reis Católicos.
Ía ser no ano de mil setecentos cincuenta, tres séculos mais tarde, cando un fillo de Cerdedo: Pontevedra: o Padre Sarmiento, comezara a defensa do noso idioma. Dende entonces, moitos ilustres fillos de Galicia levan loitado en prol da nosa cultura lingüística. Antolín Faraldo. 1823:1853: co-fundador da revista: Porvenir: que tivo que fuxir a Portugal por a súa galeguidade. Benito Viceto, escritor dunha historia de Galicia alá por o ano de mil oitocentos sesenta e cinco, onde narra as fazañas mais importantes dos fillos de Galicia. Que dicir do alento garrido de Pondal, os versos de denuncia da condición social galega, que Rosalía de Castro, Lamas Carbajal e Noriega, fixeron inmorrentes.
Magoa que os novos gobernantes esquezan tanto sacrificio! Cando pretenden a chamada normalización lingüística, non están a falar da riqueza do noso idioma, senón, de apoiar ó castelán, esquecendo que é a fala a verdadeira riqueza desta terra, a que nos distingue como pobo diferente e universal, a que nos une a tódolos nacidos neste fermoso recuncho do mundo, e á que os novos herdeiros dos emperadores pretenden levar de novo ós séculos escuros.



MARIA RODRÍGUEZ dijo
HOLA HOLA!
Canta razón queixa, mais hoxe está todavía moi difícil, e nas cidades ou cando no traballo defendes un nome galego como Panxón, Sanxenxo... sae a sorna do castelán, mais a pesares de todo, hoxe a forza que os medios de comunicación teñen é moi grande e a nosa autoestima e valor do que temos aínda está, se me apuras,no rexurdimento, é triste pero o sinto así.
Os políticos non axudan nada e mentres uns comezaban a recoñecer o sitio da lingua, chega outro e desfai a madexa. Nos mesmos, a xente que ten fillos e na escola lle veñen os nenos con deberes en galego, e claro! síntense impotentes e tontos por non entender un galego que eles non estudiaron, pero é o normativo e en lugar de esforzarse e aprendelo ou a lo menos intentalo, despréciano porque están acostumados a falar ese galego da calle, que coma o castelán, ten unha "versión" da rúa e outra da escrita pero non o entenden; quizais teñamos que ablandar o cerebro e reciclarnos, o grande problema do galego!
Bicos
11 Octubre 2009 | 08:09 PM