Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

8 Octubre 2009

a xeración perdida

 día de outono en Queixa

Os pais, roubáronnos a nenez, o estado a xuventude, e a igrexa católica roubounos a liberdade, somos, a xeración perdida.

Os pais, inconscientemente quizás, coa súa adaptación ó réxime represor, ó transmitirnos unha educación represora, conseguiron sen decatarse, unha xuventude reprimida, falta de ideas, sumisa e moldeable.

O estado roubounos os dous mellores anos da xuventude ca idea da defensa nacional. Dous anos de servizo militar obrigatorio que impedía calquera proxecto de vida. Dous anos de afirmación da represión imposta por a forza das armas, da perda de personalidade ante a razón da forza.

A igrexa, que manexaba ó seu criterio a educación, conseguiu ca lei da vara, impoñer unha educación baseada no catecismo, na submisión da personalidade á verdade única. Quedando en segundo lugar, calquera sinatura que non fose a relixión.  Reprimiron cá axuda das forzas do orden, calquera manifestación  que levase implícita algo de liberdade. ¡Convertéronse en donos das nosas vidas! Moldeáronos ós pobres á forza, pa asegurar un fácil manexo das masas  obreiras.

Cren os nosos fillos, que foi unha etapa interesante, chea de riscos e segredos agochados, de loita por a liberdade. Non saben, que foi a partir dos anos oitenta, cando xa pasábamos dos trinta, cando tivemos a primeira oportunidade de aprender a nosa lingua, cando chegaron a nos os libros prohibidos que eles tiveron dende pequenos. Espero na nosa defensa, que cando a historia nos xulgue, se teña en conta unha circunstancia que creo atenuante, ¡que non se esqueza de onde vimos!.  

 

 

   

 

 

 

servido por queixa 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

alguen

alguen dijo

non che quito razon, ahora ben conmigo trabucaronse, descubrin que haía outros "mundos" ala polo ano 73, na clase de politica, na que se nos falaba tanto e tan ben do noso rexime, e se pasaba de puntillas polo resto de formas de goberno e eu quedeime prendada do cuarto de paxina dedicado o socialismo, algo se lles pasou os da censura, jajajajaja.

18 Octubre 2009 | 11:02 AM

queixa

queixa dijo

Alégrome que se trabucaran contigo, outros non soubemos defendernos. Agora solo nos queda queixarnos.

18 Octubre 2009 | 12:02 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera