morte

Palabra maldita, portadora da derradeira e mais grande desgraza pro ser humano. Compañeira inseparable, amiga liberadora cando o tempo nos arromba ó esquecemento. É, o medo á morte, o que mais nos condiciona, o que nos fai prudentes e temerarios, valentes e previndos, humildes e intrépidos.
Quizá foi o medo a escuridade, ó descoñecido, ó tormento dun máis alá, o que nos inculcou esa animadversidade á compañeira mais fiel, sen comprender, que morremos e resucitamos cada día. Cada vez que asistimos a unha inxustiza e calamos, está morrendo un chisco de nos, ou quizá, xa estéamos mortos, porque pa morrer, hai que estar vivos.
Vivir, é só unha función biolóxica. Late un corazón, a sangue alimenta ás células, vivimos, pero non estamos vivos de verdade mentres non sintamos a vida, mentres o que está ocorrendo ó noso redor non nos faga ferver o sangue. Mentres asistamos ás inxustizas, desculpemos ós que se aproveitan dos postos pa se enriquecer, ós que utilizan a violencia pa conseguir o que non merecen, sen alzar a man e dicir- basta.
Mellor morrer de pé, que vivir axeonllados,dixo o Ché, eran outros tempos, fómonos aferrando á palabra- vivamos hoxe- disfrutemos do que hai. Fomos vendo nos aproveitados á nosa imaxe e desculpándoos, fomos morrendo unha miga, un anaco mais, cada vez que como agora, vemos ós nosos partidos políticos inmersos nunha trama corrupta, non só, como miramos chover, senón, apoiándoos nas enquisas, pa facelos mais e mais fortes á conta de todos, fariamos o mesmo cun pobre? De nos se así, dubido moito de que estéamos vivos.


Amiga dijo
Escoitaba onte nunha tertulia na radio que os votantes dun partido non cambian da noite para a mañá, senon que é un proceso lento: da decepción pásase ao absentismo e deste ao novo voto. Pasou con Felipe González, con Fraga... tardamos en reaccionar pero a historia di que todas as altas torres caen nun momento ou noutro.
A veces non é facil ser paciente e dende logo non esperaremos sentados.
Bicos
9 Octubre 2009 | 07:20 PM