Podería este ser un tema recorrente máis pra encher un espazo en branco, pero é algo mais ca iso, é, un dos problemas mais graves aos que se enfrontan as sociedades envellecidas, coma é o caso do rural, non só en Galicia, senón a nivel estatal.
Dicía Cernuda a principio do século XX: Y la fuga hacia dentro. Ciñe el frío, / Lento reptil, sus furias congeladas; / La soledad, tras las puertas cerradas, / Abre la luz sobre el papel vacío: Fermosa maneira de definir a soidade que tan ben coñecía, ¡que tan ben coñecemos! Os que fomos acadando certa idade.
Hai moitas maneiras de soidade. Dicía don José María Pemán, que a soidade mais dura, era a de dous en compañía. Quizá, non coñeceu a soidade dos chamados -fogares da terceira idade. Lugares onde o silencio acada vida propia, onde tódalas miradas ollan ó pasado, onde o futuro e o presente se mesturan nos recordos, onde se combate á soidade con mais soidade.
¡Que lonxe quedan os tempos onde avós, fillos e netos convivían baixo o mesmo teito! Onde o lume de Carballo quentaba o saboroso caldo de verzas! Conseguimos mellorar a vida dos nosos fillos, a cambio, achamos pra eles e pra nos un futuro de soidade. Quizá o segredo estribe en saber vivir con ela, aceptala como mal menor ó que a maioría da poboación estamos condenados.

eu coido que a pior soidade e esa que se che mete tan dentro que nin ti mesmo eres capaz de facerte compañia, esa que te fai fuxir e buscar en outra xente o que non eres capaz de encontrar en ti
e certo o que dices, eran bonitas esas familias con membros de distintas xeracions convivindo e coidandose, hoxe as cousas funcionan doutra maneira, pero nunca se puxeran tantos medios para atender a xente maior, ainda que fan falta mais, quizais os lugares dos que falas son así porque a xente que vive niles os fai así ¿poderia ser, non?
Hola ALGUEN, o humano nace solo e morre solo, solos decidimos e nos trabucamos ou acertamos, solos camiñamos o camiño da vida, os demais, son meros acompañantes que nos acompañan e acompañamos na soidade compartida.
Non deixes que a soidade te sorprenda. Bicos