os grandes ditadores
Moitos e importantes ditadores levan enturbado a historia dos pobos ó longo do tempo, dende Estálin ata Castro, pasando por Khadafi, Mugabe, e moreas de persoeiros que impuxeron a súa particular maneira de salvación ca forza do medo.
Pero nada que ver ca ancestral idea ditatorial das relixións e a súa imposición, especialmente, a mahometana e a cristián. Foi e segue sendo no seo destas confesións relixiosas, onde se cociña a mais dura represión en contra da liberdade, ¡ todo o natural, é pecado! Represión na maneira de vestir, nos alimentos a tomar. Permisión, e ata premio nun máis alá, por matar aos que pensan diferente, premio ós que se inmolan levando por diante ó máximo número de persoas.
Dous mil anos de historia loitando en contra do progreso, de calquera avance no eido da cultura, da ensinanza que non sexa a verdadeira, a deseñada pra reprimir os instintos naturais, pra someter vontades e acadar poder. Dous mil anos apoiando a idea ditadora que todos levamos dentro, (estar por enriba dos demais)
Estiveron apoiando ós que pretenden sacar partido do regulamento do aborto, porque senten a nostalxia doutros tempo, (os que a muller era sometida ós designios da igrexa.) ¡Non estiveron en Compostela a carón dos que defendían a xustiza do noso idioma! Sempre se souberon colocar do lado que mais quenta o sol, aquel que deixa algo nas súas arcas.


amiga dijo
Que perigo teñen os salvadores!! Haberá algunha forma de que entendan que eu non quero que me salven a alma que o que quero e que me deixen decidir sobre o meu corpo?
En fin... os de sempre
Bicos
19 Octubre 2009 | 07:36 PM