Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

22 Octubre 2009

outono

 

 Zoa o vento, o ceo escurécese ó paso das negras nubes que nos cobren, chora o ceo as bágoas do orballo anunciando ó colorido e triste outono. Xá os paxaros foron deixando as terras altas, fuxindo do vento norte que castiga ás serras de Queixa. A neve aparece altiva nos picoutos mais altos reclamando o seu dereito a existir.

É chegado o tempo do lume na lareira, dos saborosos cogomelos que colorean as praderías, das humildes e saborosas castañas, do viño novo que as pendentes terras do Vivéi foron madurando durante o ano. Tempo de silencio, de atopáreste só ante ti, de disfrutar da soidade.

É neste tempo, cando os recordos se fan mais reais. Recordos que traen o sorriso de tantos momentos felices, de tantos tempos escuros, de algunha tristeza nunca esquecida. A vida é como un álbum, fotos que foron momentos vividos, e que cada vez que os miras, revives con mais intensidade, con nova lupa. ¡Lonxe quedan os longos paseos baixo as frondosas árbores! Lonxe a ledicia do cariñoso sol.

Só a esperanza da nova estación nos da pulos pra seguir, pra sentir desexos de se erguer da quente camiña.             

servido por queixa 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

alguen

alguen dijo

fasme lembrar un poema que tiven que aprender de memoria na clase de frances hay a tira de anos e que traducido decia algo asi: os lamentos fondos do violín do outono firen o meu corazon con unha languidez monotona, sofocante e ferido cando chega a hora, lembro vellos tempos e choro. Marchome co vento de aca para ala igual que a unha folla morta.

22 Octubre 2009 | 05:42 PM

queixa

queixa dijo

Noraboa ALGUEN por esa memoria privilexiada. Gústame eso que dis, todo menos o final ¡eso da folla morta!
Como información direiche que, a partir de xá, está aberta a recolección de cogordos, patamelas e derivados. Hoxe collemos máis dun quilo.
Bicos.

22 Octubre 2009 | 08:41 PM

alguen

alguen dijo

ala vou, levo toda a semana pendiente do tempo, e xa me cheiraba a min que iste finde haberia boa colleita.
deicamañan

22 Octubre 2009 | 08:59 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera